Os veciños de O Porto do Cabo, en Valdoviño, sen teléfono fixo nin móbil nin Internet

Denuncian a incomunicación, que se suma aos problemas para ver a televisión

Os veciños do lugar de Ou Porto do Cabo (a maioría residentes no municipio de Valdoviño e outros en Cedeira e Cerdido) levaban onte máis de 24 horas sen teléfono fixo nin Internet nin cobertura para os móbiles. E sen lograr que Movistar atendese a incidencia. Piden ao Concello que presione á compañía telefónica para resolver este problema. «Ninguén nos di nada, as caixas da fibra están postas fai máis dun ano e moitas parroquias xa a teñen, non sabemos por que OPorto do Cabo está nesta situación lamentable. Xa non temos TDT e agora estamos incomunicados», denuncian.

Fonte: La Voz de Galicia