MEMORIA DE PORTO DO CABO

PORTO DO CABO

Un lugar onde a etnografía e a historia vivien unidas, foi o punto de encontro de tódalas rutas que a pé ou a cabalo que se dirixián a San Andrés. Alí xuntabanse os peregrinos procedentes de Portugal, Rías Baixas, Santiago, Neda, Naron, Ferrol e os que por Somozas chegaban de Castela ou Ourense .

Todo Porto do Cabo era un gran hospital, adicado a albergar peregrinos. Existía unha importante infraestructura para acoller e atender ós romeiros. Así aparecen escritos e documentos que no século XVIII había unha taberna ónde os romeiros que ían a San Andres acostumaban a tomar un descanso. O máis famoso albergue chamábase Casa da Bastona, segundo Ramón Bascoy,  por exixstir dende fai preto de 150 anos a hospedería chamada «taberna da señora Maripepa da Bastona»

Ao pé da ponte, ata fai 50 anos, existia unhas hospeiras especialzadas na atención de peregrinos, unhas mulleres , case todas elas de Sedes (Narón) afamadas chamadas caldrupeiras que preparaban o aire libre, o caldo que Fervendo servián en grandes cuncas por un Patacómn aos romeiros.

Indo para Santo André

Aló no Porto do Cabo,

Díxome unha caldrupeiras:

-¡Romeiriño! ¿Queres caldo?

-Non, señora; que me escaldo

-¡Romeiriño! ¿Queres viño?

-Si, señora; un papadiño

Recollido por Ramón Bascoy

Unha das grandes caractericas de Porto do Cabo e que pertence a metade a San Félix de Esteiro e a outra metade a San Martin de Vilarrube e que confluen nel tres concellos: Valdoviño, Cedeira e Cerdido. De Cedeira separao o Rio «Das Mestas», sobre o que se sitúa unha ponte romana de mampostería con arcos de medio punto e calzada de pedra alombada un pouco antes desta ponte coinciden as dúas principais vias de acesso no punto chamado, Porto do Arriba.

Porto do cabo, ademaís de ser un enclave fundamental no camiño de San Andrés, ademáis conta cunhas condición paisaxisticas e incluso climáticas( din os veciños «que Porto do cabo e o lugar donde cambia o vento») que fan del un lugar idóneo para o descanso. 

O historiador Rafael Usero, así o comunica no seu libro, «El Santuario de San Andrés de Teixido».

«Recomendamos a visita a Porto do cabo a quen busque solaz para a vista e descanso para o espíritu, a quen fuxindo do duro asfalto…busque un lugar de profundo descanso no medio de bosques verdes, xunto o rio lento, ancho, multicolor e cantarino, onde todas as mañas escoitase os himnos das aves…»

Seguiremos coa nosa memoria proximamente…