PORTO DO CABO

Quen somos?

Somos unha asociación veciñal que ten como principal obxetivo revitalizar a aldea Porto do cabo, en todas as súas vertentes: social, medioambiental, urbanística, cultural e festiva.

 Queremos conservar e promover as nosas tradicións, sinais de identidade dun pasado vivo, e sempre presente, a nosa lingua, a nosa historia, así como a música e  festexos; en definitiva, a nosa cultura. 

Darlle un empuxe a nosa cultura e poñer en valor e promocionar o noso entorno, son outra das nosas preocupacións. A filosofía, traballo, esforzo e unión van encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos veciño e veciñas de Porto do Cabo.

 Cremos que cómpre prestar unha atención especial aos nosos maiores e a mocidade. Estamos para demostrar que Porto do Cabo ten voz e non só é un lugar de paso de peregrinos, senón que é un lugar ideal para vivir, un ente social dinámico con vida, en constante crecemento, destinado a integrar ás persoas que nel viven e conviven.

Principais obxectivos

  • Construir un espazo de participación veciñal e comunitario.
  • Desenrolar mecanismos de participación colectiva.
  • Xerar expazos libres que fomenten a diversidade.
  • Promover actividades e talleres para mellorar a cohesión social da veciñanza
  • Servir de voceiros para transmitir as carencias, necesidades e opinión dos veciños/as.
  • Promoción e divulgación da historia de peregrinaxe o seu paso pola nosa parroquia.
  • Difusión e promoción de calquera actividade que poidera favorecer ou interesar a os veciñas/os de Porto do Cabo.

Directiva

JOSE PICALLO

SARA QUINTIANA

CARLOS PITA

JESUS FERNÁNDEZ

FERNANDO PITA

RUBÉN FERNÁNDEZ

PEDRO GRANDAL