Os problemas de conexión telefónica en O Porto do Cabo agrávanse —algún veciño leva dous días sen liña fixa— e as queixas agudízanse, á espera de que se active a fibra óptica. A asociación veciñal confía en que Telefónica cumpra cos prazos dados nunha consulta recente, para poder dispoñer do servizo en febreiro.
Mentres, soportan fallos continuos da liña e a falta de cobertura, que lles impide o acceso a Internet. O colectivo lamenta a ausencia dos concellos de Cedeira e Cerdido na reunión á que só asistiu o representante do Concello de Valdoviño para tratar este tema.